Día 17 – IES Santa Irene / A Historia do Santa Irene

Día 17 – IES Santa Irene / A Historia do Santa Irene
O INSTITUTO No IES Santa Irene están de aniversario. O seu alumnado cóntanos a historia deste centro educativo de Vigo. E xa temos o vídeo oficial do tema Vento nas velas que se converteu na sintonía desta edición do programa 21 Días co Galego e +, unha canción composta e interpretada por Naomi Rey Rey, alumna do IES Ramón Cabanillas de ...

Día 15 – CPR Maristas A Inmaculada / Solidariedade

Día 15 – CPR Maristas A Inmaculada / Solidariedade
O INSTITUTO Comezamos a terceira semana deste programa co vídeo que fixeron no CPR Maristas A Inmaculada de Lugo; nel amósannos os diferentes proxectos cos que neste centro traballan diversas formas de solidariedade. Neste 8 de marzo, Día da Muller, recollemos no blog dos 21 Días co Galego e + algúns dos traballos elaborados nos centros participantes co gallo ...

Día 14 – IES As Mariñas / Os nosos poderes na biblioteca

O INSTITUTO Desde o IES As Mariñas de Betanzos lémbranche  personaxes extraordinarios da cultura literaria. Onte amosámosche algunhas rutas literarias virtuais; se queres coñecer máis espazos e percorridos literarios, podes visitar a sección O territorio do/a escritor/a na web da AELG. FALAMOS Hoxe é domingo; cóntanos. Ti es das persoas que gustan dos domingos ou das que os odian porque a seguir vén o luns? Que teñen de diferente os ...

Día 13 – IES Lamas de Abade / Compostela literaria

Día 13 – IES Lamas de Abade / Compostela literaria
O INSTITUTO O IES Lamas de Abade condúcenos polas rúas de Santiago para coñecer a Compostela máis literaria. Na páxina Cultura de Galicia podes atopar rutas literarias virtuais de Castelao, Curros, Emilia Pardo Bazán, Pondal, Rosalía e Valle-Inclán, por se queres seguir os seus pasos.   FALAMOS E ti de onde es? Hai algún ou ...

Día 12 – IES Ramón Cabanillas / Xeografías lectoras

Día 12 – IES Ramón Cabanillas / Xeografías lectoras
O INSTITUTO Hoxe levámoste á biblioteca do IES Ramón Cabanillas de Cambados que che amosará as súas xeografías lectoras. Se queres seguir viaxando por bibliotecas, convidámoste a que leas o  artigo “As 20 bibliotecas mais impressionantes do mundo” no que poderás comprobar como galego che serve para entenderes perfectamente unha publicación brasileira namentres gozas desas ...

Día 9 – IES Lauro Olmo / ex-motio

Día 9 – IES Lauro Olmo / ex-motio
O INSTITUTO Este martes vai ser o alumnado do IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras quen nos fale do traballo que está a realizar o seu centro sobre as emocións. Se queres, podes visitar o seu sitio na rede para estas tres semanas. Aí atoparás as actividades que van desenvolvendo ao longo do proxecto. Desde o Lauro Olmo tamén nos envían un ...