Este venres imos coñecer o IES Antón Alonso Ríos de Tomiño. O alumnado deste IES de Tomiño vainos ensinar a colocar a lingua. Que non o credes? Mirade o vídeo e aprendede. Se queres saber como se pronuncia unha palabra, podes consultar o Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega do Instituto da Lingua Galega. ...
Parabéns! Seguro que es das persoas que está avanzando moito no seu uso do galego. Hoxe terás dúas misións: realizar a túa 2.ª reflexión e cubrir a enquisa sociolingüística de uso da lingua galega no teu centro de ensino. 2.ª Reflexión Xa vas pola metade dos 21 días co galego e +. – Como vai ...
Como ides esta semana? Hoxe toca coñecer a comunidade educativa do CPR Fogar de Santa Margarida da Coruña. Véñennos falar da diversidade lingüística no mundo, unha diversidade que exemplifican tamén con algúns membros do seu alumnado. E vós que pensades da diversidade lingüística? Que vantaxes lle atopades fronte ao monolingüismo?
Ola, como vos vai neste martes de inverno? Hoxe chégannos os vídeos do IES Afonso X O Sabio de Cambre. Imos ver a súa presentación. O tema elixido por este instituto é a lusofonía. Que sabiades vós das relacións galego-portuguesas? Credes que desde Galicia coñecemos a cultura portuguesa? Coñecedes a iniciativa Ponte nas ondas? E ...
Como vos foi co Reto 1? Polo que sabemos andades a facer vídeos moi interesantes e divertidos. Para esta segunda semana o voso reto será facer un vídeo en grupo que estea relacionado coa lingua (sobre a vosa variante dialectal, sobre un tema sociolingüístico, sobre a toponimia da vosa zona, etc.), coa literatura (unha recomendación ...
Bo día neste domingo de xaneiro. Como vai a fin de semana? Hoxe traémosvos unha proposta lúdica e larpeira para compartirdes momentos xuntos que nos envían desde o IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela. Se non vos vai ben facer o domingo esta actividade e queredes participar igual, podedes facela calquera día. Gustaríanos que, ademais de compartirdes a vosa ...
Chega a fin de semana e gustaríanos que vós, as familias, tamén formásedes parte deste ilusionante proxecto que son os 21 días co galego e +. Para isto traémosvos neste sábado unha proposta de análise sociolingüística do IES de Vilalonga para observardes o comportamento lingüístico do comercio. Gustaríanos que, ademais de compartirdes a vosa experiencia ...
O terceiro centro educativo que imos coñecer nesta edición é o IES de Vilalonga no concello de Sanxenxo. Sabías que os telleiros tiñan a súa propia verba ou latín dos telleiros, que lles servía para que ninguén (por exemplo, os xefes) soubesen de que estaban a falar. Hoxe os adolescentes tamén teñen falas de seu. ...
Na xornada de hoxe ímonos achegar ao IES de Poio na provincia de Pontevedra. Neste centro de ensino priorizan a educación na inversidade e na integración de todo o alumnado como unha liña de traballo básica. Vexamos que nos contan. E vós, por que credes que é boa a diversidade? En que medida credes ...
Neste terceiro día imos coñecer o primeiro dos centros educativos participantes: trátase do IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela, un instituto cunha longa tradición que neste 2020 fai 175 anos de existencia. Vexamos a súa presentación. O alumnado e o profesorado do IES Arcebispo Xelmírez I decidiron centrar a súa contribución nos 21 días co galego e + no ciberacoso, un tema ...