Aviso Legal

Protección de Datos

As persoas usuarias deste Portal teñen a súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo en que poden exercitar os dereitos, o contacto cos Delegados e Delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento Europeo de Protección de Datos Persoais, na seguinte ligazón: Información sobre protección de datos persoais.

Condicións de Uso

O uso do sitio web http://www.aqualitrans2.es réxese polas normas establecidas no presente aviso legal conforme ás leis españolas. Coa súa utilización, o usuario comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.

En cumprimento da Lei de Servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI) informámoslle que este espazo web e todo o seu material pertencen á Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia, en diante “Augas de Galicia”,  con domicilio social Praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15704  Santiago de Compostela, A Coruña e dirección de correo electrónico: comunicacion@aqualitrans2.es. Augas de Galicia resérvase o dereito para introducir modificacións ou omitir parcial ou totalmente os actuais contidos do site cando o considere oportuno, así como impedir ou restrinxir o acceso de forma temporal ou permanente.

O sitio web http://www.aqualitrans2.es ou calquera parte do mesmo, non se poderá reproducir, duplicar, copiar, vender, revender nin explotar para ningún fin, salvo que estea expresamente permitido polo titular. Así mesmo, queda prohibido o uso do web con fins ilícitos contra Augas de Galicia ou calquera terceiro, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio web.

A modificación dos materiais ou o uso dos mesmos para outro fin constitúen unha violación dos dereitos de marca rexistrada.

Responsabilidade Limitada

Baixo ningunha circunstancia Augas de Galicia será responsable ante terceiros por calquera dano directo ou indirecto, económico, perda de clientela ou perda de ganancias, resultado do uso de http://www.aqualitrans2.es

Enlaces con outros Sitios Web

No caso de que a presente páxina web puidese conter vínculos ou ligazóns con outros portais ou sitios web non xestionados por Augas de Galicia, esta sociedade manifesta que non exerce control algún sobre os devanditos sitios nin é responsable do seu contido. As ligazóns que esta web puidese conter ofreceranse, unicamente, a modo de referencias informativas, sen ningún tipo de valoración sobre os contidos, propietarios, servizos ou produtos ofrecidos desde eles. Augas de Galicia resérvase o dereito para eliminar calquera ligazón en calquera momento. En todo caso, Augas de Galicia exonérase de toda responsabilidade en relación cos servizos prestados polos devanditos terceiros fronte a calquera reclamacións de calquera natureza e demandas que puidesen interpoñerse en relación cos mesmos.

O establecemento de calquera hiperenlace entre unha páxina web e calquera das páxinas web do sitio web de Augas de Galicia estará sometido ás seguintes condicións:

a) Baixo ningunha circunstancia Augas de Galicia será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web desde a que se realice o hiperenlace, nin das informacións e manifestacións incluídas nela.

b) Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos, nin contidos, do sitio web de Augas de Galicia.

c) A páxina web na que se estableza o hiperenlace non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes a Augas de Galicia.