Socios

Fundación Instituto Tecnológico de Galicia (ITG). Contribúe ao progreso e xeración de coñecemento tecnolóxico e á súa aplicación para o desenvolvemento da capacidade competitiva de empresas, profesionais e organizacións.
Fundación sen ánimo de lucro polos Colexios Oficiais de Arquitectos; Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos e Enxeñeiros Industriais de Galicia, e declarada de interese galego pola Xunta de Galicia en Orde do 18 de xuño de 1991.
Augas de Galicia. Ten competencias na administración e planificación hidráulica de Galicia. As súas atribucións céntranse nos campos de abastecemento, saneamento e depuración, así como o control e planificación hidrolóxica na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.
Dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA). Ente público competente en materia de enerxía. Centra a súa actividade na elaboración de programas e proxectos de investigación e desenvolvemento de tecnoloxías enerxéticas.
Dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación.
Águas do Municipio do Porto. Ente que ten como misión garantir a xestión completa e eficaz do ciclo urbano da auga na súa área de influencia.
Dependente do Municipio do Porto.
Instituto de Ciência e Inovaçao em Engenharia Mecânica e Engenharia Industrial (INEGI). Instituto de novas tecnoloxías orientadas á innovación de base tecnolóxica e transferencia de tecnoloxía.
Creado no seo dos actuais Departamentos de Engenharia Mecânica (DEMec) e de Engenharia e Gestão Industrial (DEGI) da Faculdade de Engenharia dá Universidade do Porto (FEUP) como asociación privada sen fins lucrativos.