XORNADAS CAPACITACIÓN TÉCNICA AQUALITRANS

O proxecto AQUALITRANS aborda os últimos traballos da actividade 4 coas xornadas de capacitación técnica para profesionais.

O obxectivo das xornadas é potenciar a cualificación técnica do capital humano relacionado coa xestión e operación de estacións depuradoras de augas residuais na Eurorrexión impartindo formación coas leccións aprendidas durante o desenvolvemento do proxecto AQUALITRANS. Preténdese mellorar a competencia destes profesionais en relación con medidas en torno a eficiencia das plantas.

O calendario para estas xornadas de capacitación é o seguinte:

6 de novembro – Ares

13 de novembro – Porto

20 de novembro – Nigrán

27 de novembro – Porto