“Buscando petróglifos pola Ribeira Sacra”

“Buscando petróglifos pola Ribeira Sacra” é un proxecto no que traballaron os alumnos/as de 3º ESO do IES Río Cabe de Monforte de Lemos durante este curso 2020/21, un curso cheíño de restricións, protocolos, máscaras, separación física, que nos obrigou a adaptar as actividades a esta situación. Aínda así o resultado final foi moi positivo e a totalidade do alumnado realizou as actividades con moito interese.

Empezamos buscando información sobre a Ribeira Sacra, os petróglifos e a arte rupestre en xeral, centrándonos no estudo dos petróglifos da zona de Sober. Para coñecer máis sobre este tema realizáronse dúas actividades:

-charla da arqueóloga Begoña González Aguiar sobre a arte rupestre no sur da provincia de Lugo. Ligazón:  https://www.edu.xunta.gal/centros/iesriocabe/node/1595

-e visita nocturna ás parroquias do concello de Sober onde apareceron os petróglifos. O alumnado non participou nesta visita nocturna debido ás restricións impostas pola pandemia a principios de marzo, pero si traballou esta actividade na aula a partir de fotos, vídeos e das explicacións que fixemos os profesores implicados no proxecta nas nosas horas de clase.

Coa información recadada os alumnos/as, por grupos, elaboraron un traballo sobre a Ribeira Sacra e os petróglifos que despois expuxeron, na primeira semana de maio, aos seus compañeiros de 1º e 2º ESO, 3ºPEMAR, e tamén aos profesores. Ligazón charlas do alumnado:  https://www.edu.xunta.gal/centros/iesriocabe/node/1620

Grazas á mellora nas restricións, a finais de maio puidéronse realizar dúas actividades máis que nos axudaron a elaborar como produto final un vídeo (TeleCabe) no que os alumnos/as explican o que aprenderon sobre a Ribeira Sacra e sobre os petróglifos:

-excursión a Arxeriz: visitamos o Ecomuseo, pazo e castro, e tamén nos desprazamos ata o encoro de Belesar. Ligazón excursión (28 de maio): https://www.edu.xunta.gal/centros/iesriocabe/node/1630

-entrevistas que fixeron os alumnos/as na rúa a veciños de Monforte sobre os petróglifos, e tamén no Concello ao Sr Alcalde de Monforte de Lemos e Presidente da Deputación de Lugo, D. José Tomé Roca, quen lles explicou por que a Ribeira Sacra retirou a súa candidatura para ser Patrimonio da Humanidade (ver vídeo)

Ligazón vídeo (TeleCabe): https://www.youtube.com/watch?v=7W-uESGzxig

Ligazón póster:  http://blogs.xunta.gal/educacionpatrimonial/wp-content/uploads/sites/15/2021/07/Póster_Buscando-petróglifos-pola-Ribeira-Sacra.pdf