NOEMÍ BASANTA: O NOSO PATRIMONIO MUSICAL
Charla de Noemi Basanta Que fai un estadounidense coleccionando canións? Breve percorrido polo noso patrimonio literario-musical para o alumnado de 3º e 4º da ESO dentro das Actividades do Plan proxecta 2024- Educación Patrimonial. Organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (Dep. Lingua Galega. Iria Fernández Moscoso)

Durante varios anos, foi persoal do Instituto da Lingua Galega, onde participou nos proxectos CORILGA, Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega e Cambio lingüístico no galego actual. Na actualidade, é colaboradora externa desa mesma institución e profesora titular de lingua e literatura galega no ensino medio.
As súas áreas de interese son a variación oral, a análise do discurso e a sociolingüística interaccional aplicada aos estudos sobre construción identitaria.
Últimas publicacións
-
“Memoria das palabras: experiencia didáctica na Fonsagrada”
Noemi Basanta Llanes (2023): V Simpósio Profletras – USP e II Seminário Internacional Profletras – USP, São Paulo: Universidade de São Paulo, 26-27 de outubro de 2023 – Presentación
-
“Minha avoa dicía “engorde”: autenticidade e ideoloxías lingüísticas sobre a estandarización da lingua galega”
Noemi Basanta Llanes / Xosé Luís Regueira Fernández (2023): Simposio ILG 2023. Contacto de linguas: identidades e ideoloxías lingüísticas, Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, 28-30 de novembro de 2023 – Presentación
-
“Galitwiter, como dicimos Gymkhana?”: Ideoloxías lingüísticas e contacto de linguas nas redes sociais
Noemi Basanta Llanes / Xosé Luís Regueira Fernández (2023): XV Congreso Internacional de Lingüística General, Madrid: Universidade Complutense de Madrid, 14-16 de xuño de 2023 – Presentación