(Galego) Obradoiro de danza barroca no IES Plurilingüe de Ames
O día 10 de maio, os alumnos e alumnas de 3º de ESO da materia de Xeografía e Historia do IES Plurilingüe participaron nun obradoiro de danza barroca.
O alumnado viaxou no tempo e no espazo ata o esplendoroso Versalles de Luís XIV, onde se atopou coa mestra de corte, Loli Fojón, da academia LoDanzas, que os guiou na aprendizaxe do minué; unha danza orixinaria de Poitou, introducida na corte francesa por Jean-Baptiste Lully, que chegou a converterse na danza máis afamada da época.
