Ruta do mar de Arousa e o río Ulla

“Había unha vez un cole no que tanto profes coma alumnos chegaban cada mañá coa ilusión de aprender novas cousas…..”

Así podería comezar o nos conto. As ganas de comezar novos proxectos foi o que nos impulsou a un grupo de profes a participar no Plan Proxecta “Mirando polo Camiño”. O equipo está formado por 3 titorías, a xefa do D.O, unha profe de AL e o mestre de EF. Xuntos buscamos metodoloxías que nos axuden a que o noso alumnado acade a comprensión do valor patrimonial que nos rodea.