X Foro Xuvenil de Patrimonio Mundial

O 6 de marzo celebrouse na Sala de Xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural da Secretaría Xeral de Cultura un sorteo para elexir á alumna que representará á Comunidade Autónoma de Galicia no X Foro Xuvenil de Patrimonio Mundial que este ano terá lugar en Madrid e Córdoba entre o 6 e o 13 de maio.

O sorteo celebrouse en presencia de Mª Isabel Novo Castro, asesora xurídica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Augusto Rodríguez Jordá, interventor delegado da mesma consellería, Manuel Chaín Pérez, sudirector xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais e Manuela Suárez Rodríguez, xefa do Servizo de Contratación de Bens e Servizos culturais.

As candidatas propostas foron:

Araceli Calvo Becerra do IES Campo de San Alberto de Noia

Claudia Guiance Fernández do CPI Plurilingue de Vedra

Judit González Prol do IES Plurilingue Rosalía de Castro de Santiago de Compostela

A gañadora do sorteo, que representará a Galicia no X Foro Xuvenil de Patrimonio Mundial, é: Judit González Prol do IES Plurilingue Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.

https://www.facebook.com/patrimoniojoven2013/