Xogo para os pequevisitantes do Museo de Belas Artes de A Coruña
Hai xa uns meses que a profesora de Debuxo Técnico aplicado díxonos de visitar virtualmente o Museo de Belas Artes de A Coruña.
Tiñamos que profundizar no espazo expositivo así como nas súas obras.
De todas elas, cada un foi facendo a súa propia selección e, coa axuda dos técnicos e técnicas do Museo, fomos recibindo información de primeira man acerca das características máis salientables das mesmas.
Tras varios bosquexos, pouco a pouco, o noso proxecto ía collendo forma. Un documento que serviría aos visitantes máis pequenos do Museo a facer un percorrido polas súas salas a través dun xogo de preguntas e respostas ilustrado en primeira man por nós.

Podes decargar o documento completo aquí:
Museo Belas Artes Coruña peque visitantes