Aprendendo sobre os hipocaustos e visita a Proendos
Entre xaneiro e abril os nosos alumnos e alumnas de 3º ESO realizaron varias actividades que lles ían axudar moito para atopar a resposta ao título do Plan Proxecta no que están traballando: “Hipocaustos na Ribeira Sacra?”:
A finais de xaneiro, Xan, o profesor de Latín, explicoulles a orixe da palabra hipocausto, o seu significado (“que arde por debaixo”) e como os romanos xa utilizaban os hipocaustos como sistema de calefacción nas termas e nas súas vilas, o que constitúe un claro antecedente do solo radiante que teñen na actualidade moitas vivendas. Xan tamén nos contou como eran as termas, quen acudía a elas, tamaño, materiais de construción, como eran as salas de baño, actividades que se podían realizar nelas, etc

O xoves 11 de abril realizamos outras actividades que foron clave para dar resposta á pregunta de si hai ou non hipocaustos na Ribeira Sacra. Para iso contamos coa axuda do arqueólogo Francisco Alonso Toucido. Primeiro, os biblioreporteiros de 3º ESO fixeronlle unha entrevista; a continuación Francisco Alonso deunos unha charla sobre este tema e, finalmente, acompañounos ata Proendos para ver o xacemento no que recentemente estivo traballando. Foi todo un privilexio contar coas súas explicacións!.
Ligazón páxina Web IES Río Cabe coas actividades realizadas esa mañá con Francisco Alonso Toucido: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesriocabe/node/2174
Visita xacemento Proendos (vista do horreum). Francisco Alonso Toucido e alumnado 3º ESO
