Paraísos de Chapela2021Co alumnado de 1º de ESO mergullámonos no Camiño de Santiago ao seu paso por Chapela, para descubrir as riquezas patrimonial a través das voces dos maiores e visitas ao lugares. Imos ao muíño para comprender a súa historia e observar como está coidado o contorno. Buscando, atopamos! e tomamos conciencia.
O 1 de xuño ás 18 h o investigador do CSIC, Miguel García Fernández, membro do Proxecto de Investigación “Voces, espacios y representaciones femeninas en la lírica gallego-portuguesa” (PID2019-108910GB-C22), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, impartirá a charla titulada “Que sabemos das mulleres medievais na Ribeira Sacra? Revisando a nosa historia”, que se centrará ...
Dentro do Programa a Ponte entre o Ensino Medio e a USC impartiranse as seguintes charlas relacionadas co Camiño de Inverno: “De que falamos cando falamos do Camiño. A idea europea do Camiño de Santiago”, Juan Manuel Monterroso Montero (14 de abril, 18 h). “Árbores senlleiras de Galicia”, Antonio Rigueiro Rodríguez (3 de maio, 18 ...
O alumnado do módulo IV da ESA realizou unha redacción en Canva para dar a coñecer os atractivos turísticos que se atopan ao longo do Camiño de Inverno: A Ermida do Faro A Feira do Viño Belesar1 Belesar2 Bexán Cabo do Mundo Castro Candaz Castro Candaz2 Diamondi Igrexa Monacal de Correxais Igrexa de Marrube Monte ...
O CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa está situado na vila de O Barco de Valdeorras (Ourense). Ano tras ano un dos obxectivos que nos marcamos é o de incrementar a calidade dos servizos que ofrecemos, tentando mellorar as nosas metodoloxías e artellando todas as actividades que vaian xurdindo, sexan de interese e se adapten ao ...
O alumnado da ESA do módulo III reflexionou sobre as deficiencias que se advirten en diferentes zonas polas que pasa o Camiño de Inverno e realizou propostas ao Concello correspondente co fin de que se solucionen. Vexamos algúns exemplos: Chantada é unha vila que conta con zonas moi fermosas e con infraestruturas moi boas, pero ...
O alumnado de Ensinanzas Básicas Iniciais tamén se achegou a coñecer o Camiño de Inverno a partir dunha actividade colaborativa. Proxéctase un Power Point explicativo sobre o Camiño de Inverno e sobre os recursos patrimoniais de Chantada entre os que están as igrexas. O alumnado das ensinanzas básicas iniciais creará un póster dunha igrexa pola ...
O alumnado da ESA do módulo III estudou o campo semántico a partir do vocabulario da Ribeira Sacra, do Entroido Ribeirao, do Samaín e do Folión de Carros, realidades diferentes, pero todas elas moi ligadas co Camiño de Inverno. Estes foron algúns dos resultados:
Os alumnos da ESA do módulo IV realizaron no proxecto do Camiño de Inverno este Padlet. Para consultalo, pique aquí.
Neste curso 2020-2021 o CPI Plurilingüe de Vedra pon en marcha este proxecto dentro do Programa de recuperación patrimonial VEDRA MEDRA. Ademais das entradas que vaiamos poñendo neste blog, para seguir as nosas actividades máis polo miúdo podedes mirar o noso facebook no enlace seguinte: https://www.facebook.com/vedramedra/?fref=ts Un saúdo. CPI Plurilingüe de Vedra