Proxecto “Pasiño a pasiño, facendo camiño” CPR Padres Somascos – Fundación Educere (A Guarda)

Os alumnos de 2º ESO, repartidos en dous grupos, fixeron uns traballos na materia de Tecnoloxía, estudando as estruturas románicas e góticas. Un grupo analizou as estruturas construtivas das catedrais románicas, exemplificandoo na catedral de Santiago de Compostela. Link: https://view.genial.ly/620e26130a8a2a0010ad2499/interactive-content-lista-arte-horizontal E o outro analizou as estruturas construtivas das catedrais góticas, exemplificandoo na catedral de León. Link: https://view.genial.ly/6214be4355289800114683f2/interactive-content-genially ...

Proxecto “Pasiño a pasiño, facendo camiño” CPR Padres Somascos – Fundación Educere (A Guarda)

Os alumnos de 3º de Educación Primaria despois de aprender os aspectos das principais lesións que poden padecer os peregrinos así como o seu tratamento, gravaron un vídeo explicándoas e indicaron algúns consellos para realizar o camiño de xeito óptimo. Enlace ao vídeo da actividade “Coidados peregrinos”: https://drive.google.com/file/d/1bCLL-8PstGaf47deLwWWleph_gnSkd3F/view?usp=sharing  

Proxecto “Pasiño a pasiño, facendo camiño” CPR Padres Somascos – Fundación Educere (A Guarda)

Os alumnos de 6º EP e 1º e 2º ESO da aula específica de educación especial realizaron unhas ilustracións, aprendendo como evolucionou o equipamento que leva un peregrino. Dadas as características desta aula, nalgún caso o debuxo levou moitas horas de traballo e moito esforzo. Enlace a actividade “O equipamento do peregrino”: https://drive.google.com/file/d/19ZKdEjmSwpxCuXM962bSZRlttzrEqfyW/view?usp=sharing  

ENTROIDO NO CAMIÑO DE INVERNO

Este ano o alumnado do CEIP Plurilingüe Eloísa Rivadulla realizou un desfile para celebrar o entroido, coa temática de diferentes culturas, por un tramo do Camiño de Inverno que pasa pola zona vella de Chantada, pasámolo xenial!!  

Proxecto “Pasiño a pasiño, facendo camiño” CPR Padres Somascos – Fundación Educere (A Guarda)

Os alumnos de 5º de Educación Primaria confeccionaron ilustracións de elementos destacados das diferentes etapas do Camiño Portugués pola costa desde o seu inicio ata Santiago, co fin de facer un catálogo que poida ser reproducido en cerámica. Cada un descubriu e elixiu un elemento que considerou representativo da etapa que lle tocou. Enlace ás ...