“Xeolocalizando e guiando o noso camiño” terceiro trimestre

24. Maio 2022
Este terceiro trimestre dentro do noso proxecto “Xeolocalizando e Guiando o Noso Camiño”, enmarcado no Plan Proxecta Educación Patrimonial: Mirando polo Camiño, leváronse a cabo 4 actividades:   Unha visita guiada ao cuartel de Dolores o día 20 de abril da man da historiadora Carmen Perales Garat, que realizou a súa explicación centrada na preservación ...

“XORNAL DO CAMIÑO”

  Como actividade de centro na semana da prensa fixemos un xornal sobre o Camiño de Santiago, para iso recompilamos todas as noticias que ata hoxe falaban do Camiño e tamén outros documentos de interese. Grazas a todas as familias pola súa colaboración!!!

Proxecto “Pasiño a pasiño, facendo camiño” CPR Padres Somascos – Fundación Educere (A Guarda)

Os alumnos de 1º de Educación Primaria fixeron dous traballos sobre o peregrino e a historia do camiño. En primeiro lugar fixeron unha comparativa entre a indumentaria do peregrino do pasado coa que usa hoxe en día, buscando información e mostrando todos os materiais na aula. Enlace á infografía “O peregrino antes e agora”: https://drive.google.com/file/d/1rJPw2xAiFvwlo43tV92IfceE8fSj8Ymq/view?usp=sharing ...

Actividades 2º Trimestre: “Xeolocalizando e Guiando o Noso Camiño”

04. Abril 2022
Este segundo trimestre comezamos tomando decisións sobre o noso proxecto “Xeolocalizando e Guiando o Noso Camiño”, enmarcado no Plan Proxecta “Educación Patrimonial: Mirando polo Camiño”. Decidiuse analizar os coñecementos que o alumnado doutras familias profesionais do centro tiña sobre o Camiño inglés, facendo participes nun Kahoot a todos os grupos do centro. (Xaneiro – Febreiro) ...