O noso proxecto buscaba modificar o noso patio de xeito que fora máis activo, dinámico, integrador e inclusivo. Para iso, creamos un canal de Etwinning onde compartir recursos, actividades, dinámicas que nos axudaron a conseguir o noso obxetivo. Os xogos tradicionais de Galicia ocupan un lugar importantísimo dentro desde proxecto, como elemento propio da cultura ...
A piques de rematar o noso proxecto eTwinning “Connecting Cultures: Friends in a Safe Space”, queremos ensinarvos algúns dos espacios naturais e monumentos de interese cultural que coñecemos dos nosos socios serbios, gregos e turcos. Nós tamén presumimos de patrimonio galego e, aínda que só puidemos escoller dous dos nosos lugares máis icónicos, creo que ...
Este proxecto eTwinning é unha iniciativa europea colaborativa que busca explorar e preservar a importancia cultural dos oficios tradicionais en diferentes rexións. O alumnado investigará profesións históricas e actuais, implicarase coa súa comunidade a través de entrevistas e avaliará o traballo dos seus compañeiros mediante enquisas, votacións e actividades colaborativas. Os resultados compartiranse a través ...
Na primeira parte do noso eTwinning, fixemos unha serie de vídeos de presentación para os estudantes das escolas dos outros países. Neles introducímonos a nós mesmos, pero tamén elementos patrimonias como son: O Camiño de Santiago, María Pita, a Torre de Hércules e o Castelo de San Antón.
O alumnado de infantil está inmerso no proxecto do centro Quiroga:Territorio ARTE-SAN, centrándose nestas derradeiras semanas nun produto tan típico da nosa contorna como é a castaña e nunha tradición case perdida. Contamos coa visita dos artesáns de Caurelor cos que fixemos un obradoiro de colares de zonchos, nome co que se denomina ás castañas ...
No CEIPP de Sigüeiro participamos nun proxecto eTwinning que leva por título “Connecting Cultures: Friends in a Safe Space”. Ademais do noso centro, participan colexios de Portugal, Grecia, Serbia e Turquía. Este proxecto enmárcase dentro da liña de Educación Patrimonial do Plan Proxecta. Antes de entrar en materia, toca presentarnos e ubicar onde está cada socio; así que comezamos por gravar ...
O noso proxecto vai chegando ao seu fin. Atopámonos na fase de elaboración dos carteis e trípticos turísticos que conforman o produto final. Para chegar até aquí, o alumnado tivo que realizar previamente unha actividade de investigación documental na que recolleu información sobre o patrimonio da súa zona e compartiuno co alumnado do seu grupo ...
Os xogos tradicionais, ademais de diversión, recollen unha parte da cultura dos pobos que compre coñecer, son tradicions que pertencen ao patrimonio lúdico dunha rexión ou dun país. No IES de Fene este curso adicamoslle un tempo ós xogos tradicionais xa que forman parte da nosa cultura, constrúen a identidade das persoas e transmítense de xeración ...
Xa rematando o proxecto, compartimos convosco o glosario interactivo plurilingüe con entradas en todas as linguas do proxecto. Coidamos que é un xeito atractivo para repasar todo o aprendido no proxecto! https://view.genially.com/65f72570c825cb0014f3817d/interactive-content-interactive-glossary-europe-is-fashion-for-all