VISITA AO RECTORAL DE GUNDIVÓS

07. Maio 2025
O pasado venres o alumnado do primeiro ciclo visitou a Reitoral de Gundivós, onde Elias ensinoulles o proceso de elaboración artesanal da olaría da zona. Foi unha actividade moi interesante na que o alumnado quedou marabillado de ver como o alfareiro elaboraba as pezas no seu torno.

VISITA AO ECOMUSEO DE ARXERIZ

07. Maio 2025
O mércores, día 12 de febreiro, o alumnado de 2° ciclo foi de excursión ao Ecomuseo Pazo de Arxeriz no concello de O Saviñao. Alí puideron ver as antigas barcas de paso, que se utilizaban antigamente na zona da Ribeira Sacra para cruzar o río, xa fose por traballo ou para visitar outros veciños. Dentro ...

O noso Muro das Verbas máis artesán

07. Maio 2025
Comezamos xa a montar o noso “Muro das verbas”, unha das actividades coas que promovemos o uso da lingua galega na nosa comunidade educativa. Nela o alumnado, coa axuda das familias, aporta verbas na nosa lingua mensualmente para completar un recuncho do noso centro. Se o curso pasado estas verbas eran de carácter xeral, este ...

Visita ao Museo Etnográfico de Quiroga

07. Maio 2025
Durante o primeiro trimestre todo o alumnado de primaria distribuído en ciclos realizou unha visita ao Museo Etnográfico de Quiroga. Esta visita enmárcase dentro das actividades programadas neste curso para afondar no coñecemento da artesanía do noso territorio. O alumnado puido observar utensilios propios desta zona que foron empregados para os labores do campo e ...

Obradoiro de tecido tradicional

24. Marzo 2025
Despois dunha das nosas visitas ao Museo Etnográfico de Quiroga e de iniciarnos no tecido na aula o alumnado amosou moita curiosidade polo tear tradicional que todavía se conserva. Alí, Carmen, a tecedeira de Vieiros, ensinounos os segredos desta peculiar máquina arredor da que xiraba a vida non hai tanto tempo. https://www.instagram.com/reel/DHd1nf7NPG0/?utm_source=ig_web_copy_link&igsh=MzRlODBiNWFlZA==

MEL RURAL: UNHA TRADICIÓN NO TEMPO

17. Marzo 2025
Parte das nosas tradicións etnográficas dan lugar aos deliciosos produtos típicos da nosa zona. Un deles é o Mel Rural en Quiroga. Nesta visita o alumnado de infantil observou unha colmea coas abellas, os panais, a cera, o pole, as máquinas que se empregan para a extracción do mel e finalmente degustou este rico produto. ...

Un entroido con sabores da Ribeira Sacra

01. Marzo 2025
Un ano mais celebramos o Entroido desfilando pola Rúa Real. Como sempre, o centro do interese foi o noso territorio. O noso proxecto de centro este curso é “Un territorio arte-san”; así, os nenos e nenas de infantil puxeron en valor o mel; os de primeiro ciclo, as castañas; os de segundo ciclo, o viño; ...

Obradoiro de Colar de Zonchos

02. Febreiro 2025
O alumnado de infantil está inmerso no proxecto do centro Quiroga:Territorio ARTE-SAN, centrándose nestas derradeiras semanas nun produto tan típico da nosa contorna como é a castaña e nunha tradición case perdida. Contamos coa visita dos artesáns de Caurelor cos que fixemos un obradoiro de colares de zonchos, nome co que se denomina ás castañas ...

ARTE NO AR NA RIBEIRA SACRA

20. Xaneiro 2025
O alumnado do segundo ciclo fixo en novembro un percorrido por Quiroga para contemplar os murais que forman a ruta da arte urbana “Arte no Ar”. Estiveron acompañados por mestras do centro e por Alejandro, técnico de turismo do Concello de Quiroga, que fixo de guía e explicoulles todo o relacionado co que representan os ...