Avanzando no camiño da posta en valor

25. Xuño 2021
O terceiro trimestre do curso foi un momento de moita actividade relativa a posta en valor do noso forno. No mes de maio, dende o CPI do Toural en colaboración co Museo Etnolóxico de Ribadavia organizamos unha exposición titulada “Esgrafiados na Ribeira Sacra” para amosar ao alumnado e resto da comunidade educativa e da vila ...

ORGULLOSOS DO NOSO

26. Abril 2021
Os alumnos do IES Val do Asma convírtense en defensores do seu patrimonio a traves do proxecto “Orgullosos do noso. Defensores da Ribeira Sacra”. Traballarán diferentes aspectos do patrimonio etnográfico, tales como: o románico e a súa difusión, a paisaxe de Ribeira e a toponimia, desde un plantexamento transversal.   Detección de monumentos románicos en ...

Patrimonio arquitectónico- CPI Virxe dos Remedios (Castro Caldelas)

Ola a todos/as, O noso proxecto sobre a riqueza patrimonial da comarca de Castro Caldelas quedou reducido a este pequeno documental sobre o patrimonio arquitectónico moderno na vila de Castro Caldelas (uso da galería corrida mailo esgrafiado) e o patrimonio medieval oculto, relacionado co uso dos muíños fluviais. No futuro, temos a confianza de que ...

III XORNADAS DE EDUCACIÓN PATRIMONIAL DE GALICIA

30. Setembro 2019
O sábado 28 de setembro clausuráronse as III Xornadas de Educación Patrimonial de Galicia que este ano se celebraron na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela durante os días 20, 21, 27  e 28 de setembro. As Xornadas foron promovidas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura ...

XI Foro Xuvenil de Patrimonio Mundial

Este ano o XI Foro Xuvenil de Patrimonio Mundial terá lugar entre o 27 de maio e o 1 de xuño nas sedes de Madrid e Santiago de Compostela. Por ser anfitriona nesta ocasión, a Comunidade Autónoma de Galicia poderá levar dous representantes. Recordade que deben ser alumnos/as de idades entre 13 e 15 anos. ...

Patrimonio etnolóxico na Ribeira Sacra 2018-2019

23. Xaneiro 2019
Con motivo da declaración da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural e o impulso da candidatura para a declaración de Patrimonio da Humanidade, o curso pasado inaugurábase unha modalidade de participación no programa de Educación Patrimonial denominada “Patrimonio etnolóxico na Ribeira Sacra”, coa intención de promover entre a comunidade educativa o traballo co patrimonio ...

Actividades nos centros: Os alumnos/as do Colexio dos Escolapios de Monforte farán un itinerario didáctico pola Ribeira Sacra

Actividades nos centros: Os alumnos/as do Colexio dos Escolapios de Monforte farán un itinerario didáctico pola Ribeira Sacra
O día 23 de maio tócalles aos alumnos e alumnas de 3º de Infantil do Colexio dos Escolapios de Monforte de Lemos facer o seu itinerario didáctico pola Ribeira Sacra. Mar Bóveda López, especialista en didáctica do patrimonio, preparou para eles, que xa fixeron a súa propia vendimia, un percorrido onde lles contará como dende ...