Como te imaxinas un banquete na Europa medieval? Que utensilios e decoración habería na mesa? Que tipos de produtos comerían? …Lembra que aínda non se coñecían en Europa produtos como as patacas, os tomates, o azucre ou o chocolate! Logo de realizar unha investigación sobre a comida e a mesa na Idade Media, os alumnos ...
O 9 de maio @s alumn@s do CEE de Vilagarcía xunto coa arqueóloga Sonia García visitaron a illa de Cortegada onde, disfrutaron dunha fructífera experiencia. A illa de Cortegada, que hoxe forma parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas, estivo habitada ata que, a principios do século XX, pensouse en construir a residencia de verán ...
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria elaborou un photocall na materia de Plástica. Nel atopamos un peregrino coa vestimenta tradicional diante da Porta de San Pedro, unha porta que serve de entrada á cidade de Lugo para todos aqueles que fan o Camiño Primitivo. Por outra banda, os nenos e nenas de ...
O día 21 de maio, os alumnos e alumnas de 2º ESO A, B, C da materia de Xeografía e Historia realizaron un percorrido polos diferentes elementos medievais espallados polo noso municipio e arredores. O roteiro foi composto polos alumnos e alumnas como resultado da súa investigación sobre os elementos medievais localizados nas diferentes zonas ...
Os alumnos e alumnas de 2 de ESO da materia Geography and History realizaron unha investigación sobre a paisaxe medieval e os elementos medievais no municipio de Ames entre o 15 de marzo e o 18 de maio. Esta investigación tivo tres fases: unha primeira fase de traballo documental, unha segunda fase de traballo de ...
A semana pasada a alumna do IES Rosalía de Castro, Judit González Prol, participou no Foro Juvenil de Patrimonio Mundial nas cidades de Madrid e Córdoba onde tiveron lugar as diferentes actividades. Este é o traballo co que Judit presentou Galicia ante os representantes de outras comunidades e países: https://sites.google.com/iesrosaliadecastro.org/foro-patrimonio-mundial-judit/
Ola camiñantes, A nosa visita a Cortegada foi…foi… ESPECTACULAR!!!!!!!!! Imos intentar mostrarvos todo o que pasou, pero o máis difícil de ensinarvos non sei como facérvolo chegar. Só podemos expresar dende aquí a nosa infinita gratitude a Sonia García pola súa entrega e dedicación, que pasou toda a mañá connosco achegando dun xeito lúdico, comprensible ...
Os alumnos e alumnas de 2º da ESO do IESP Rosalía de Castro de Santiago de Compostela recibiron o 2 de maio a visita da arqueóloga María José Bóveda, coa que desenvolveron unha actividade didáctica que comezou na súa aula e seguíu nas rúas da cidade. María José invitounos a coñecer a súa cidade dende ...
O alumnado de 5º de Primaria estivo traballando sobre o Camiño Primitivo ao paso por Lugo. Todo o noso traballo está recollido no seguinte póster dixital, que inclúe vídeos, códigos QR e podcast. https://edu.glogster.com/glog/_/2kprk733r8n
Os alumnos e alumnas de quinto e sexto de primaria realizaron unha saída á Muralla de Lugo e ao Vello Cárcere. Edificio construído no ano 1887 como cárcere modelo de estado. Hoxe pertence ao noso patrimonio como ese lugar que da paso á reflexión sobre o pasado acontecido, un “espazo de memorias” onde o valor ...