E por fin rematamos o noso ebook colaborativo, que xa compartimos en Twitter. Se queredes seguir o desenrolo do noso proxecto, estes son os hashtags: #Etwinningcalidade #NowherefeelslikehomeEOICoruña #ETwinningEOICoruña #PlanProxecta LINK ao ebook
Para o ebook colaborativo que ven sendo o producto final do proxecto, subimos audios a Soundcloud. Conseguimos audios moi bos de persoas particulares e de institucións, coma os Museos Científicos Coruñeses e a Universidade da Coruña. Así estarán á disposición de toda a xente. Ademais, os nosos socios portugueses queren aprender ben o castelán e ...
Os alumnos do módulo IV da ESA do IES Lama das Quendas realizaron en inglés uns pósters con Canva para realizar unha pequena introdución ao patrimonio civil e relixioso no Camiño de Inverno. Deixámosvos unha pequena mostra desta actividade que dá a coñecer a nosa vila: ...
O 10 de xuño os alumnos dos módulos II e IV da ESA do IES Lama das Quendas participaron nunha visita polo exterior da igrexa de Santa María de Pesqueiras (Chantada) co fin de valorar o patrimonio natural do espazo no que se asenta entre bosques centenarios e a riqueza artística do templo. Esta igrexa, ...
O 27 de maio os alumnos/as dos módulos II e IV da ESA do IES Lama das Quendas participaron nunha visita polo interior e exterior da igrexa de Santa María de Nogueira de Miño (Chantada) próxima ao Camiño de Inverno e coñecida como “A capela Sixtina da Ribeira Sacra”. Este título foille concedido despois de ...
A rapazada, xunto coa directora do CEIP, Carmen Liñares, e o concelleiro de Medio Ambiente e Turismo, Manuel Lens, fixo un dos tramos do Camiño da Ría de Muros-Noia. Durante a mañá, o grupo saíu de O Santo para chegar á Catedral de Santiago ás 13.30 horas. Na excursión luciron unha camiseta deseñada por todo/as ...
O día 1 de xuño de 2021 o investigador do IEGPS Miguel García Fernández impartiu a conferencia titulada “Que sabemos das mulleres medievais na Ribeira Sacra? Revisando a nosa historia”. Na súa interesante intervención desmontou varios dos mitos que están moi asentados na conciencia colectiva da sociedade con respecto ás mulleres da Ribeira Sacra no ...
Xa estamos preto de rematar a andaina no noso Camiño… maquetando e completando os nosos libros virtuais sobre Arte, Bioloxía, Matemáticas e Literatura. Tamén creamos un xeral sobre as cidades dos distintos camiños que chegan a Santiago. Aquí deixamos algunhas imaxes. We are already finishing designing our books … they are looking great!