Letras Galegas con Babaluva
O 16 de maio na Biblioteca do Porriño celebramos o Día das Letras Galegas na Praza do Concello. Tivemos unha actividade de intercambio de libros e un obradoiro impartido pola Compañía Babaluva. Participaron os nenos e nenas do Colexio Antonio Palacios.
No obradoiro “Letras na corda”, os participantes fixeron letras de cartón, conformando palabras que poñían en valor a nosa cultura a través da lingua. O obradoiro fíxose dun xeito cooperativo. Utilizouse a lectura e o idioma como materia prima de referencia na creación artística, e na figura de Vidal Bolaño, a través da súa obra “Touporroutou da lúa e do sol”. O título desta obra, realizado tamén polos escolares, acabou na Sala Infantil e Xuvenil da nosa biblioteca.






