Bicos con leite na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña
O día 23 de maio, a escritora e contadora de contos, Charo Pita, achegouse á Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña para agasallarnos cunha chea de historias e cancións para as e os máis pequenos e as súas familias.
Desfrutamos dunha tarde chea de bicos, aloumiños e risas cos contos e cancións para os/as máis pequenos narrados con efectos sonoros, libros de imaxes e rimas escoitadas á calor das apertas.
Se queres comprabar como desfrutaron os máis pequerrechos visita a Galería Fotográfica de Bibliotecas Municipais A Coruña
A actividade forma parte do programa de animación á lectura “Ler conta moito”, da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.