Os nenos de Ponteareas pasárono fenomenal con “Contos para todos”
Os nenos da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas pasárono fenomenal con “Contos para todos”
Esta actividade, que xiraba arredor dun relato oral dun conto, contaba coa axuda da maxia e os títeres para engailar a todos os nenos presentes, que quedaron abraiados coa aparición nun libro en branco, dos debuxos e as historias. Nesta actividade, que tivo lugar o día 30 de maio, participaron máis de 25 nenos.






