Gran participación no contacontos infantil de Raquel Queizás
A biblioteca municipal de Vimianzo acollía o Sábado día 22 o contacontos de Raquel Queizás “Historias de Maletra”, un espectacúlo que conseguiu manter a atención dos numerosos nenos e nenas que participaron na actividad.
Raquel Queizás soubo manter en cada unha das historias a intriga e cautivar a atención dos presentes que participaron xunto coa contadora cando a historia o requería.
Unha actividade lúdica que achega aos máis pequenos ao mundo dos libros e das bibliotecas.


![22 xuño 009 [1280x768]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2013/06/22-xuño-009-1280x768-300x168.jpg)


