Chrystyan Magic enche a Casa dos Fraga de maxia!
- Aos magos noveis costoulles un pouco iniciarse na maxia…
O pasado venres 5 de xullo a Biblioteca Casa dos Fraga de Cambados inaugurou por todo o alto as actividades infantís de verán, grazas ao espectáculo de Chrystyan Magic “Na senda da serpe alada”, que mesturaba lectura e maxia. Máis de 50 persoas, entre pais e nenos, gozamos dunha sesión divertida e chea de sorpresas!