“Abrapalabra” con Matapiollos Teatro na Biblioteca de Mera (Oleiros)
O venres, 27 de setembro, visitounos na Biblioteca de Mera (Oleiros) o mago Carlos Coira e deixounos abraiados co seu espectáculo de maxia ABRAPALABRA!
As nenas e os nenos pasárono estupendamente. Gozaron da maxia das palabras dun xeito divertido, doado e moi participativo.
Gustaríame destacar que esta actividade axudounos a dar visibilidade e prestar os libros de maxia dispoñibles no fondo infantil comezando polo libro que da nome a este espectáculo. Non quedou nin un nos andeis!!!