Maxia cómica con Leo Leíño na BPM de Chantada
O sábado 12 de abril ás 12:00 tivemos unha sesión de maxia da que puidemos disfrutar tódolos asistentes.
Nenos e maiores pasaron unha hora moi amena. A señora empatiza moito cos asistentes, involucra aos nenos na actividade, e a pesar que tiñamos asistentes de tódalas idades, a actividade foi un éxito rotundo. Recoméndamola.




