O libro da selva, na Biblioteca Central de Cangas no Día internacional do Libro
O 23 de abril conmemoramos o Día do Libro coa representación de “O libro da selva” por Títeres Cachirulo. Rapaces do colexio Compañía de María de Cangas e o público que veu libremente desfrutaron dunha estupenda adaptación da obra de Rudyard Kipling.






