Obradoiro de chapas da igualdade na Biblioteca Central de Cangas
Desfrutamos moito co obradoiro de chapas para a igualdade, cunha gran participación de rapaces e familias.
Desfrutamos moito co obradoiro de chapas para a igualdade, cunha gran participación de rapaces e familias.
Da man de Anxo Rial e empregando un dron, creamos un clip promocional da Biblioteca Central que utilizaremos para publicidade e difusión na web da biblioteca e nas redes sociais do Concello.
O grupo “Magia en la Manga” fíxonos pasar un bo rato cos seus trucos de maxia ao mesmo tempo que facía un recordatorio das mulleres magas pioneiras nesta arte.
Nenos e adultos pasamos un bo rato desfrutando dos contos e xogos da peregrina máxica.
Divertímonos moito coas andanzas do León azul que Trécola Teatro dramatizou na Biblioteca.
Mere Clown visitou a nosa biblioteca e contounos unha versión do conto do frautista de Hamelín en crave de clown coa que desfrutamos.
Xarope Tulú deleitounos cunha divertida sesión de contos con personaxes extraídos da súa maleta.
Os compoñentes de Teatro Calavera ofrecéronnos uns contos moi divertidos coas suas versións feministas de Brancaneves e A Bela e a Besta.
O venres tivemos na Biblioteca un estupendo Obradoiro de podcast a cargo de Damián Alonso. Divertímonos moito aprendendo a locutar e editar un podcast.
O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa divertíronnos moitísimo co seu conto “A cabaza encantada” e seguidamente os nenos desfrutaron no obradoiro de galletas “monstruosas”.
Séguenos