“CONTOS QUE DEIXAN PEGADA” NA B.P.M. DE VILAGARCÍA DE AROUSA
Para celebrar o Día do Libro en Vilagarcía de Arousa tivo lugar o espectáculo “Contos que deixan pegada”, o 23 de abril ás 18:30 horas nas dependencias da biblioteca. A actividade estaba aberta ó público, sen limitación de idade, aínda que estaba recomendada para nenos e nenas a partir de catro anos. Os intérpretes do espectáculo, Pavís Pavós, durante aproximadamente unha hora, narraron diversos contos, facendo participar nos relatos ós nenos e nenas asistentes, que disfrutaron, xunto cos seus pais, das narracións.
Os participantes foron máis de 100 persoas, entre nenos e pais.
A actividade foi un éxito en canto a participación de público así como de satisfacción do mesmo.






