“FALA XOSÉ!” NA B. P. M. DE VILAGARCÍA DE AROUSA
As 12 horas do día 15 de maio tivo lugar, na biblioteca municipal, a actividade “Fala Xosé!” a cargo de Helga Méndez García, de Maquinarias Teatro. A representación que estivo dirixida a un grupo de escolares do municipio, achegou, ós nenos e nenas asistentes, á figura e á obra poética de Xosé María Díaz Castro.
O espectáculo gustou moito ó público asistente. Tanto ós nenos e nenas como ós profesores que os acompañaban.









