Fátima Fernández na biblioteca municipal de Chantada
O sábado 24 de maio ás 12:00 estivo connosco unha vez máis Fátima Fernández que deleitou aos presentes cunha selección de contos como ela sabe facelo.
Incluímos unha imaxe da sesión.
Esta actividade é a derradeira das organizadas dentro da programación de Ler Conta Moita.




