Obradoiro “Crea fósiles de dinosaurios” na B.M. Sagrada Familia, A Coruña
Hoxe, día 26 de xuño, os monitores de MAUMARELA, Guillermo e Xana, explicaron como se crea un fósil aos 18 rapaces e rapazas que se apuntaron a este obradoiro tan atractivo .”A quen non lle gustan os dinosauros?” preguntaban abraiados os pícaros de entre 7 e 12 anos de idade, que, por certo, xa viñan sobradamente preparados, porque atopamos neste grupo a auténticos amantes dos dinosauros. Estes nenos, de vocación paleontólogos, pasárono en grande coa explicación da enorme dificultade de que se forme un fósil, de como se fosilizan cunchas, ósos e plantas e de como, tras millóns de anos soterrados, chegan hoxe en día ás nosas mans.
Marcharon da biblioteca cunha cuncha fosilizada e coa cabeza dun T-Rex nun vasiño, pendente de descubrir o fósil na casa, coa mestura seca. Sairon emocionados e con case todos os libros de dinosauros que tiñamos na sala.
Un obradoiro moi recomendable que fixo as delicias dos rapaces que acudiron, e tamén dos bibliotecarios que tivemos a sorte de estar na sala para gozar como os cativos.