Os Contos de Pablísimo en Carnota

O pasado 4 de xullo, o salón de actos do Concello de Carnota acolleu o espectáculo Contiario, unha sucesión de pequenas historias orixinais, sorprendentes e divertidas narradas con dinamismo e mestría por Pablo Sánchez, que engaiolou a pequenos e adultos dende o minuto cero.




