MAXIA VS CIENCIA NA BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA (OLEIROS)

O xoves 2 de outubro, a compañía A illa dos nenos, trouxo a maxia mesturada coa ciencia a nosa biblioteca. Unha científica retou a un mago con experimentos sobre cores, astronomía, matemáticas…etc, e este respostou cos seus xogos de maxia.
Tanto os maiores coma os nenos e nenas gozaron coa actividade participando, activamente, na mesma.





