Pablísimo na Biblioteca de Carral
O pasado venres visitounos na biblioteca, o gran Pablísimo para presentarnos o seu último espectáculo, “Contiario”, unha sesión de contos dinámica, divertida e sorprendente na que os asistentes participaron plenamente e acompañaron a Pablo no seu percorrido por marabillosas historias. Xenial!!!





