“O misterio do pirata Benito Soto” na biblioteca José Saramago no Centro sociocultural de Vite
Os cativos divertíronse escoitando as emocionantes aventuras deste curioso pirata narradas polo grupo teatral “Polo Correo do Vento” e reparando nas simpáticas ilustracións que lles ían amosando, e ó final eles mesmos debuxaron un pirata segundo as sinxelas explicacións que lles ían dando.






