Contos do marmeleiro, anís e limón
Para celebrar o Día do Libro tivemos na biblioteca de Xermade unha sesión de contacontos dirixido a bebés de 0 a 3 anos: Contos de marmeleiro, anís e limón de Marisa Irimia. A narradora contoulles contos doutros tempos e outras falas co apoio de monicreques, bonecos, sons e cancións para centrar a atención dos máis pequenos.





