Dia da Biblioteca en Xermade
Onte para celebrarmos o día da Biblioteca visitounos Ton Arenas, de Mircromina Teatro, que nos ensinou a facer monicreques con caixas de zapatos e produtos reutilizados.
Onte para celebrarmos o día da Biblioteca visitounos Ton Arenas, de Mircromina Teatro, que nos ensinou a facer monicreques con caixas de zapatos e produtos reutilizados.
A famosa bandoleira Pepa a Loba, chega até un refuxio onde poder acubillarse: a taberna de Xermade da que tanto lle escoitara falar a súa nai e decide poñela de novo en funcionamento coa axuda da súa banda.
Animada polos vencellos locais da historia o público desfrutou moito coa obra, interpretada por Cristina Collazo.
Pedro Brandariz chega a Xermade con esta actividade que nos describe os novos modelos familiares, sempre dende unha visión cómica e contando co apoio de libros como “Con Tango son tres” ou “O libro dos porcos”.
Pero como voamos onte na biblioteca de Xermade, grazas aos paxaros, ás
vasoiras, ás alfombras e ás rachas de
vento que nos trouxo Paula Carballeira. Cantos contos lle collen na cabeza a Paula e que ben os conta. Un conto por cada camiño: pola terra, polo aire e polo mar. Tivemos a sorte de ter na biblioteca unha moi boa narradora e tamén moi boa escritora. Desfrutámola!!
Atenea García da compañía Xarope Tulú chegou a Xermade cunha sesión de narración oral para nenas e nenos maiores de 3 anos e contounos como Mariña foi de excursión polo seu edificio multicultural; como Henry o incrible neno devorador de libros atopou solución a súa pesada dixestión ou como Rosiña veu por primeira vez unha bicicleta e moitos parrulos.
Chegou a Xermade un Picnic cheo de contos: dous monstros que non se entenden, un can que ten de todo, unha tartaruga que non pode durmir…. O noso preferido en Xermade foi o da eiruga larpeira que se converteu en bolboreta. E ademais foi un verdadeiro pracer desfrutar da contada en dúas linguas: o galego e o inglés
O frautista de Hamelín pasou por Xermade.
A compañía Moc Moc presentounos en Xermade “A verdadeira historia de Hamelín” un espectáculo de clown e malabares que fixo unha adaptación circense do conto clásico alemán “O frautista de Hamelín”. Mere engaiolou a grandes e cativos nesta actividade de dinamización lectora.
E no Día das Bibliotecas tivemos unha representación teatral que nos ilustrou de xeito ameno e pedagóxico a historia das civilizacións: dende o Xurásico ata a Idade Contemporánea. Poidemos coñecer a Lucy, a primeira homínida descuberta en Etiopía; ao home das cavernas que habitou o noso planeta no Paleolítico; ao faraón Akenatón buscando a Nefertiti e as súas escravas da civilización exipcia; ao rei do Medievo, a labrega que traballaba para el e a unha marabillosa princesa que coñeceu na biblioteca; a Leonardo da Vinci do Renacemento; e por último a Neil Armstrong, austronauta estadounidense, que foi o primeiro ser humano que pisou a lúa na Idade Contemporánea.
Séguenos