O día 18 de maio, continuando coa programación das Letras Galegas, tivemos na nosa Biblioteca a Sherezade Barjadí, para deleitarnos con “Palabras confeitadas”. A sesión estaba dirixida a nenos de 0 a 3 anos, que riron, desfrutaron e xogaron co conto e a montaxe que trouxo Sherezade.