Os libro en-cantados de Magín Blanco na Biblioteca de Riveira
O sábado, 23 de maio, ás 12.00 h os nenos e as nenas agardaban no Recuncho dos libros infantís a entrada de Magín Blanco.
Se os libros están encantados é que Magín debe ser mago… E a maxia comezou cando a imaxinación nos levou a B612 co Principiño, e para demostrar o moito que sabemos do Universo cantamos a canción dos planetas con Magín.
Despois contamos contos, falamos e cantamos en italiano, unha mamá traduciunos unha canción en inglés, todos os nenos e as nenas pasaron un tempo magnífico cando escoitaron e corearon as súas cancións favoritas de María Fumaça, A nena e o grilo, Rosalía pequeniña… contos, cancións, adiviñas. Unha mañá chea de contos para cantar.






