O soño do rato en ALM de Areas (Ponteareas)

O pasado martes 19 de maio, tivo lugar o contacontos O SOÑO DO RATO con Olga Abad “Intres” na Axencia de Lectura Municipal de Areas (Ponteareas), que nos trouxo moitas historias sobre ratos, ratiñas e gatos. Contounos a historia do rato César que soñaba cos trens, a rata Lavandeira que lavaba a roupa de todos os ratiños do pobo e da gata Renata que non medraba… historias ilustradas con sombras chinesas e monicreques.




