Primeira actividade do programa “Ler conta moito” na Biblioteca Municipal de Pontecesures
Hoxe luns, 11 de maio, levouse a cabo na Biblioteca Municipal de Pontecesures a primeira das actividades do programa de dinamización da lectura “Ler conta moito”, promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas públicas de Galícia en colaboración cos concellos. Nesta ocasión, foi a compañía “Intres” a que representou a actividade “O sono do rato”, dirixida a alumnos de educación infantil.





