Papelarte en Pontecesures no Día da Biblioteca
Obradoiro para crear esculturas con papel reciclado. Cada un crea o seu personaxe favorito. Ao final da actividade contamos en voz alta cada un de nos un conto co noso personaxe como protagonista.
Obradoiro para crear esculturas con papel reciclado. Cada un crea o seu personaxe favorito. Ao final da actividade contamos en voz alta cada un de nos un conto co noso personaxe como protagonista.
Actividade para o alumnado de 6º de E. Primaria do CPI de Pontecesures impartida por Andrea Jamardo Seijo, da editorial Cuarto de inverno que de xeito ameno explica a viaxe dunha obra literaria dende que é unha idea ata que chega ao lector
Hoxe veu a Biblioteca Municipal o alumnado de 3º de E. Primaria do CPI de Pontecesures, para escoitar de boca da editora Andrea Jamardo Seijo cal é o proceso que nos leva o nacemento dun libro. Logo nun obradoiro os nenos e nenas fixeron o seu propio libro.
Obradoiro-contada onde cada participante creará a súa propia historia sobre o paradoiro da aviadora Amelia Earhart e coñecerá a vida desta muller adiantada ao seu tempo. Saberás os requisitos para pilotar unha avioneta e construirás o teu propio aparello a través da papiroflexia
Contacontos musical co escritor R. J. Peralta e a ilustradora Blanca Millán. Asistiron alumnos de 1º de E. Primaria do CPI de Pontecesures. Cantouse, contouse e conversouse da amizade, da tradición e d a labor dos avós na familia
Para celebrar o Día da Biblioteca, onte viñeron os alumnos e alumnas de 6º de E. Primaria. Tiñamos unha actividade de Solovoz, que levou a cabo Damián Alonso. Aprendemos a crear un podcast: a redactar, gravar e editar. Con técnicas de locución, teatro e dobraxe. Lectura interpretativa, modulación da voz, vocalización e locución. Actividade dinámica e sobre todo moi participativa.
Andrea Barreira Freije deu lectura a moitos fragmentos de libros de terror, escritos por mulleres, para que os escoitaran os alumnos e alumnas de 5º de E. Primaria do C.P.I. de Pontecesures. Ao mesmo tempo, entre lectura e lectura, os rapaces e rapazas iban construindo o seu propio conto de terror.
Verdadeira actividade de animación á lectura. O autor esforzouse moito en transmitir a importancia de ler. Partindo do seu libro, “A nena do vestido de flores”, fixolle entender os rapaces e rapazas de 4º de E. Primaria o que é a empatía, poñerse na pel doutra persoa con dificultades coma os asperger, os xordos, os cegos…
Andrea Jamardo Seijo, de Cuarto de inverno, trouxonos hoxe unha actividade de animación á lectura: Da árbore ó libro, contando e axudada de proxeccións como se fai un libro dende a árbore ata que está nas nosas mans. Ós alumnos e alumnas de terceiro de educación primaria do CPI de Pontecesures tamén lles quedou moi clariño como se chaman as partes dun libro, o traballo dos e das autores/as, as correccións, as ilustracións, o deseño gráfico e todo o traballo que ten o libro antes de chegar á imprenta. Logo o traballo continúa coa distribución e venta.
E despois de todo esto houbo un obradoiro donde todos e todas fixemos o noso propio libro.
Hoxe, na Biblioteca de Pontecesures, Solovoz deleitounos ós alumnos e alumnas de 1º e 2º de E. Primaria do CPI, con narración oral acompañada de música de acordeón, trompeta, cunchas, pandeireta… Viaxe por todo o mundo e música de cada un dos paises que visitamos.
Séguenos