“Poetízate” con Fran Alonso – CSC As Fontiñas – Santiago de Compostela
A actividade desenvolveuse no entorno do club de lectura do Centro. Era a nosa intención achegar a poesía ás persoas apuntadas ó club. Fixémolo da man deste espléndido poeta e comunicador por varios camiños: o poder evocador das palabras, o ritmo dos versos, o acompañamento do son, a maxia da poesía, a entoación, o xogo. Recitounos poesías escollidas das poetas e os poetas galegos, amais dalgunhas das súas. Unha velada moi agradábel e interesante…