Coñecendo a Luís Seoane na Biblioteca Municipal de Riós
O día 22 de xullo tivemos a oportunidade de afondar na polifacética figura do galego Luís Seoane. Crearte Servizos Culturais, mediante imaxes proxectadas e pequenas actividades, permitiulle aos cativos descubrir como a arte forma parte da nosa historia e do noso presente.
O diálogo entre a educadora e os participantes foi esencial para favorecer a creatividade e a interpretación das imaxes artísticas. O obradoiro resultou marabilloso e os nenos e nenas que se achegaron á Biblioteca do Concello de Riós amosaron o seu entusiasmo en todo momento.







