‘Contacontos de libros contentos’ na B.M.P. do Riós
O pasado día 6 de agosto, na Biblioteca Municipal do Concello de Riós, recibimos con entusiasmo a Carmen Domech e a súa fascinante maleta ateigada de libros. Houbo intres de sorpresa, sorrisos e intriga. Os cativos que participaron neste contacontos, a través da imaxinación, conseguiron achegarse aos libros dun xeito completamente diferente. Foi toda unha sorte poder gozar desta experiencia.





