CELEBRACIÓN DÍA DA BIBLIOTECA NA B.P.M DE ALFOZ
O pasado 23 de outubro para celebrar o día da biblioteca tivemos o espectáculo do “Capitán Garfo”, tratábase dunha comedia musical na que o público infantil pasou un ratiño moi doce e entretido, e o mesmo tempo apréndese a importancia que ten unha boa alimentación nas nosas vidas. Un total de 67 persoas gozaron deste fermoso espectáculo.






