Fotoconto na Biblioteca de Lorbé
O pasado xoves, 22 de outubro os nenos e nenas de Lorbé que participaron na actividade “Fotoconto” puideron crear entre todos a súa propia historia, onde eles son os autores e os protagonistas, por iso primeiro tiveron que posar nun “photocall” moi espacial, desas fotos elixíronse as ilustracións que máis tarde adornarían o seu conto.









