Onte pasamos unha mañá máxica na biblioteca cá visita da maga Leo Leiño e a súa axundante Cris.
Explicáronos todos os segredos do Camiño de Santiago a través de contos e maxia.
Foi unha sesión boísima, pasámolo xenial!
O xoves 24 de setembro fíxonos unha visita María Canosa á Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé. A escritora narrou varios dos seus contos, entre eles Matías, un pito de campionato, no que os rapaces tiveron que axudar ao pequeno pitiño a adestrarse para así poder converterse nun “pito de campionato”.
Foi moi divertido!
O xoves 17 de setembro recibimos a visita de Pavís Pavós na Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño de Lorbé (Oleiros) co contacontos Historias da Marquesa. Trouxeron a maleta máxica da Marquesa chea de contos que narraron e escenificaron, mantendo a todos os nenos e nenas moi atentos.
Pasámolo en grande!
O xoves 10 de outubro viñeron a visitar a biblioteca de Lorbé os ratiños de Lonxedetodo e nos falaron de Igualdade entre nenas e nenos e nos contaron a historia de Oliver Button e tamén a do Ratiño Presumido.
Foi moi divertida a posta en escena na que se implicaron pais e nais para escenificar o conto do Ratiño Presumido a xeito de musical con cancións e coreografía incluídas, resultou unha actividade moi dinámica que encantou a todas e todos os presentes.
O xoves 3 de outubro veu a nosa biblioteca Magín Blanco , quen logrou que tivésemos unha tarde moi divertida chea de música e contos.
Ademais de contarnos cousas sobre música, amigos invisibles, adiviñas e moitas cousas máis, fixo coas súas cancións que todo o público tamén cantase e bailase. Moi divertido!
Séguenos